top of page
Buscar
campadiocesano

Día 9 - O camiño

Explicación do día


Alá polo ano 2010, o día de Santiago Apóstolo volvía a cadrar domingo, o que significa que é Ano Santo. Ese ano como noutras ocasións o noso campamento tiña como tema central “O Camiño”. Recordades?


Todos xuntos reflexionamos sobre a idea de que a vida é camiñar, que na vida coma no camiño imos encontrando dificultades, pero tamén atopamos quen nos bota unha man, quen nos escoita, quen nos agarda con ilusión… No camiño, como na vida, sempre hai algo que buscar, algo polo que loitar, cousas coas que soñar, sempre hai en quen confiar, sempre hai a quen rezar…


O reino de Louren converteuse na nosa casa ata o remate o campamento. Todos fomos “Lords e ladys”, xefes dun castelo e cunha familia grande, vasalos todos vós do poder real.


Todas as mañás o rei recibía diferentes peregrinos no salón do trono, que nos falaron dos descubrimentos que foran facendo o longo do camiño, ademais todos nos deixaron un regalo, un símbolo do camiño, para que no reino de Louren nunca esqueceramos o que ese peregrino nos ensinou. Aquel facho para que nos dese luz nos momentos de medo, a Biblia para que nos acompañase no noso camiño de fe, unhas sandalias vellas que nos recordan que o importante non son as cousas, o zurrón aberto, todo no camiño é compartido, a frauta que tanta ledicia transmite co se son, o bastón que tantas veces nos axudou e como non, a cruz de Santiago símbolo de compromiso.


E xa que falamos de camiño, hoxe non pode faltar unha marcha, animádevos, saíde a camiñar e recordade... FILA!!!


E non hai un campamento sen música....


Siempre en la vida hay algo que crear.

Siempre en la vida hay cumbres que alcanzar.

Siempre en la vida hay flores, siempre hay cruces que llevar.

Siéntete peregrino y echa a andar.

Siempre en la vida hay algo que crear.

Mil proclamas al viento que gritar.

Una casa gigante, que nos pueda cobijar,

a todos los peregrinos de la paz.


Siempre hay algo que crear,

nuevas rutas y horizontes de hermandad.

Siempre hay algo que esperar,

Jesucristo es el camino y la verdad.


Siempre en la vida hay algo que soñar.

Siempre hay una madre a quien besar.

Siempre hay un camino, que nos lleva más allá.

Siéntete peregrino y echa a andar.

Siempre en la vida hay algo que esperar.

Un cielo y una tierra que él nos da.

Una oración al Padre, que nos haga levantar.

Un mundo sin privilegios y en igualdad



 

Actividades


De camiño a Santiago


Hoxe estamos no campamento dedicado ó Camiño de Santiago, por iso animámosvos a que hoxe saiades a facer unha marcha, respectando todas as normas de seguridade viaria, con compañía dunha persoa adulta e sempre atentos ó que ocorre ó voso redor.


Por iso e para que a camiñata sexa mais entretida propoñémosvos que recollades ou fotografiedes (se non se poden coller) o maior número de obxectos que poidades desta lista:

  • 5 flores diferentes

  • 5 árbores distintas

  • 1 paxaro

  • 1 sapo/ra

  • 1 piña

  • 1 gato

  • 1 sinal/cartel de madeira

  • 3 pedras de diferente material

  • 1 sinal/cartel co nome da vosa parroquia

  • 1 foto da Igrexa da vosa parroquia

  • 1 foto dun cruceiro

  • 1 sinal/cartel do Camiño de Santiago


Seredes capaces de conseguir completar a lista?



Camiñando pola diocese


Hoxe a cousa vai de camiñar, hoxe e sempre porque moitas veces se nos presenta a imaxe de que a nosa vida é un camiño e foi o mesmo Xesús quen dixo que El era o camiño que tiñamos que seguir.


Camiños hai moitos e segundo a onde queiramos ir, teremos que coller un ou outro. Pero se falamos de camiños no noso país hai un que destaca por riba dos demais: o camiño de Santiago.


Pois a argallada de hoxe ten que ver con este insigne camiño. Ousádesvos?


As emoticonas representan o nome dos concellos da nosa diocese polos que pasa algún dos dous itinerarios do camiño de Santiago que atravesan o noso territorio: o Camiño Norte e o Camiño Inglés.


Pica na seguinte ligazón para acceder ao xogo. Se o fas dende un ordenador abrirase unha nova lapela no explorador de internet; se utilizas un teléfono móbil, deberás instalar unha pequena aplicación.


Quedaches con ganas de máis? Podes seguir espremendo os miolos até dar cos 41 concellos aos que pertencen as 422 parroquias da nosa diocese; tanto na provincia de Lugo, coma na da Coruña.


Se aínda segues aí é que che gustou o xogo, apaixónache a xeografía ou non tes moito máis que facer neste momento. En calquera dos tres casos: serás quen agora de situar estes concellos no mapa diocesano? Resáltanse en gris aqueles que son percorridos por algunha das rutas xacobeas.



 

Oración


Lemos antes de comezar a oración: Ademais da oración vocal, do canto, do silencio en presenza de Deus, etc. Tamén podemos rezar co noso corpo. Imos realizar a oración da copa. Primeiro lemos a explicación e despois facémola con calma. Cos nosos brazos levantados facemos a figura dunha copa, imaxinamos que é a nosa vida e que se vai enchendo dos agasallos que Deus nos da: a vida, Xesús, a nosa nai María, a familia, o colexio, os amigos, a comida, os xoguetes, as nosas cualidades, a natureza, a paz, o amor, a alegría, etc. Ao cabo dun intre os brazos vannos pensando, a copa está chea de agasallos, e lentamente gardamos todos eses agasallos no corazón pechando lentamente os brazos e poñendo as mans sobre o peito. Sentimos que temos a Deus dentro de nos e queremos acoller todo o que el nos dá. Dámoslle grazas por todo. E como non queremos ser egoístas, senón nenos e nenas entregados os demais, lentamente estendemos os nosos brazos cara adiante coas mans abertas e as palmas cara arriba, expresando o noso desexo de ser xenerosos e de compartir todo o que Deus nos da.

Antes de facer a oración é bo relaxarse un pouco, respirar lentamente, pechar os ollos.

Mentres se fai a oración ponse unha música de fondo.


  • Comezamos a oración no nome do Pai, do Fillo, e do Espírito Santo.


  • Realizamos a oración da copa.


¿Que agasallos vos deu Deus? Mirade o que quere Deus que fagamos cada un de nos con eses agasallos.


  • Lemos a Parábola dos talentos:

Si, é tamén coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e deulles o coidado da súa facenda. A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un, a cadaquén segundo a súa capacidade; despois marchou.
De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco. Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. Pero o que recibira un foi cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo.
O cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas. Chegou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: "señor, cinco talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei". Díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor". Chegou o que recibira dous talentos e dixo: "señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei". E díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor".
Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: "señor, sei moi ben que es un home duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botas. Por iso collín medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí tes o que é teu". Pero o señor respondeulle: "¡Mal criado, lacazán! ¿Conque sabías que sego onde non semento e recollo onde non boto? Pois, poñías os meus cartos no banco e, así, cando eu volvese, podía coller os cartos e mais os intereses. Así que quitádelle o talento e dádello ó que ten dez. Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle ha quitar. E ó criado inútil botádeo fóra á escuridade, onde será o pranto e mais o renxer dos dentes".
(Mateo 25, 14-30)

  • Reflexión

Vamos pensar nos nosos talentos, que cousas sabemos facer, cales son as nosas cualidades (so positivas). E dámoslle grazas a Deus por elas.


  • Oracións

Grazas Señor porque son... (gracios@, forte, xeneros@,...)

Grazas Señor porque sei... (debuxar, cantar, bailar, xogar o fútbol,...)


  • Rezamos o Noso Pai

Noso Pai,

que estas no Ceo.

Santificado sexa o teu Nome.

Veña a Nos o teu Reino.

Fágase a túa vontade,

así na terra, coma no Ceo.

Danos hoxe o noso pan, de cada día.

E perdoa a nosas ofensas,

coma nos perdoamos a quen no ten ofendido.

Non nos deixes caer na tentación,

e líbranos do mal.

Amén.


  • Rematamos no nome do Pai, do Fillo, e do Espírito Santo.

72 visualizaciones4 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

4 comentários


Raul
26 de jul. de 2020

Encontrar una rana viva ha sido imposible....



Curtir

carmeladelamas
25 de jul. de 2020

Fixemos o que poidemos


Curtir

alvarodelamasperez
25 de jul. de 2020

Ra non atopei 🤷🏻‍♂️, no canto dela vai un cabaliño do demo. 🦟😅


Curtir

alvarodelamasperez
25 de jul. de 2020

Para a actividade "Camiñando pola diocese".

Se, ao descargar a aplicación no móbil, non aparece directamente o xogo, cómpre picar na lapela "código" e introducir o número correspondente: 899882 para o primeiro, 343245 para o segundo.


Curtir
bottom of page