top of page
Buscar
campadiocesano

Día 10 - A Santidade

Explicación do día

Polo bautismo Deus nos chama a todos a ser Santos

(© Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, 2018)


O Papa Francisco escribía a principios do ano 2018: "O que quixera lembrar con esta Exhortación é sobre todo o chamado á santidade que o Señor fai a cada un de nós, ese chamado que che dirixe tamén a ti: «Sede santos, porque eu son santo» (Levítico 11, 45; cf. 1 Pedro 1, 16). Para ser santos non é necesario ser bispos, sacerdotes, relixiosas ou relixiosos".


Moitas veces temos a tentación de pensar que a santidade está reservada só a quen ten a posibilidade de tomar distancia das ocupacións ordinarias, para dedicar moito tempo á oración. Non é así. Todos estamos chamados a ser santos vivindo con amor e ofrecendo o propio testemuño nas ocupacións de cada día, alí onde cada un atópase. Es consagrada ou consagrado? Se santo vivindo con alegría a túa entrega. Estás casado? Se santo amando e ocupándoche do teu marido ou da túa esposa, como Cristo fíxoo coa Igrexa. Es un traballador? Se santo cumprindo con honradez e competencia o teu traballo ao servizo dos irmáns. Es pai, avoa ou avó? Se santo ensinando con paciencia aos nenos para seguir a Xesús. Tes autoridade? Sei santo loitando polo ben común e renunciando aos teus intereses persoais.


Xesús explicou con toda sinxeleza que é ser santos, e fíxoo cando nos deixou as benaventuranzas (cf. Mateo 5, 3-12; Lucas 6, 20-23). Son como o carné de identidade do cristián. Así, se algún de nós exponse a pregunta: «Como se fai para chegar a ser un bo cristián?», a resposta é sinxela: é necesario facer, cada un ao seu modo, o que di Xesús no sermón das benaventuranzas.


Finalmente, aínda que pareza obvio, lembremos que a santidade está feita dunha apertura habitual á transcendencia, que se expresa na oración e na adoración. O santo é unha persoa con espírito orante, que necesita comunicarse con Deus (Papa Francisco, Gaudeate et Exultate 2018).


O campamento diocesano de Mondoñedo-Ferrol, facéndose eco destas palabras, abría no verán do ano 2018 a axencia de viaxes HolyMondo, na que un grupo de intrépidos viaxeiros seguía as pegadas que moitos e moi diferentes testemuñas da fe deixaron en todo o mundo e tamén na nosa diocese, porque como dicía o Papa a chamada a ser santo se dirixe a todos e cada un de nós. Así pois, naquel mes de xullo viaxamos a Tarso para aprender moitas cousas sobre Paulo, a Asís onde vivía San Francisco, a Avila para saber máis de Santa Tareixa, a Compostela tras as pegadas de Santiago, a Lima para atoparnos có legado de San Martiño de Porres, a Darfur seguindo a historia de Santa Bakhita e a Palestina onde María nos amosou o que era dicir si e comprometerse con Deus. Ao regreso de cada unha desas viaxes seguíamos as pegadas que deixaron na nosa diocese outros moitos testemuñas da fe como Lolo Correa, Pilar Silva, o venerable Luís de Trelles, San Rosendo, Jaime Cabot e San Inocencio.


Aquí podedes descubrir moitas cousas sobre a marabillosa vida de todos eles. E neste outro enlace, atoparedes os folletos informativos de todos os lugares incribles que visitamos naquel verán.


 

Actividade


Quen é quen?

Tarxetas xogo da Holyversión do coñecido xogo Quen é quen?

(© Mati. Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, 2018)


Na seguinte actividade propoñémosvos crear e despois xogar co voso propio xogo do Quen é quen? con algúns dos santos cós que percorremos tantos lugares nas viaxes que a Axencia HolyMondo organizaba no verán do ano 2018.


1. Imprimide o arquivo, mellor nunha cartolina. Será o taboleiro do xogo.

2. Imprimide o arquivo e recortade con coidado cada unha das 18 fichas. Se preferides, podedes debuxar as vosas propias 18 tarxetas (dúas por cada un dos Santos) tomando como referencia este modelo e asegurándovos que comparten as características principais cos seus Santos correspondentes no taboleiro.


Normas do xogo:

Materiais necesarios: taboleiro de xogo, 18 tarxetas de santos, 16 fabas (moedas, clips...)

Antes de xogar, facede dous grupos de 9 tarxetas cada un (unha tarxeta por cada Santo), e colocade o taboleiro de xogo no centro. Este é un xogo para dous participantes de cada vez, pero se sodes máis poderedes ir facendo quendas e eliminatorias.

O Quen é quen? Holyversión é un xogo de enxeño no que se trata de determinar cal é o Santo que agocha o outro contrincante. Para adiviñalo só poderás facer, por quendas, preguntas que teñan por resposta si ou non. Cada participante selecciona unha carta do montón que lle corresponde, a mira e a coloca cara abaixo enriba da mesa. O primeiro que xoga fai unha pregunta de si ou non para intentar determinar que Santo agocha o seu rival; e segundo a resposta do seu contrincante (en función da carta que seleccionou o opoñente), marca, no campo do taboleiro que ten diante, coa faba, os Santos que descarte (se pregunto se leva a cabeza tapada e o meu contrincante responde que si, debería descartar a San Paulo, San Inocencio, San Martiño e San Francisco). A quenda pasa entón ao outro xogador, quen fai unha pregunta diferente (non se poden repetir preguntas) e marca os descartes correspondentes no seu campo do taboleiro. A quenda volve agora ao primeiro participante quen pode escoller intentar adiviñar o Santo ou facer unha nova pregunta. Se intenta adiviñar e erra, a quenda pasa ao seu adversario. Se decide preguntar, o xogo continúa desenrolándose de igual modo. Gaña o primeiro en saber cal é o Santo que agocha o seu opoñente.

Todo preparado? Dominas as normas? Pois adiante, non pares de xogar! Serás quen de atopar o Santo agochado antes que o teu adversario?



Mans á masa


A nosa viaxe no tempo e no espazo de hoxe levounos ao ano 2018, alí os intrépidos viaxeiros da axencia de viaxes HolyMondo andaban tras das pegadas dalgunhas das persoas que tomaron moi en serio iso de seguir a Xesús: os santos. Nunha das etapas recalaron en Ávila, terra de Santa Tareixa, e –entre outras cousas– probaron sorte cun dos doces máis representativos da gastronomía abulense: as xemas de Santa. Lembrades o seu sabor?

Bulide polos vosos mandís e mans á masa!


 

Oración

A incrible historia de Santa Bakhita


  • Comezamos a oración no nome do Pai, do fillo e do espírito Santo.


  • Lemos sobre os dous santos elixidos:

Bakhita sufriu grandes males a mans dalgúns cristiáns dos que foi escrava. Pero a pesar de estes males non cerrou o seu corazón e soubo perdoar a aqueles que a maltrataron e descubriu que aqueles agravios son contrarios ao camiño de Xesús. Ela mesma expresou: “se volvese a atoparme aqueles negreiros que me raptaron e torturaron, axeonllaríame para bicar as súas mans porque, se non sucedera isto, agora non sería cristiá e relixiosa. Esta mensaxe de perdón e misericordia que nos deixa esta santa é a razón con máis peso para a súa beatificación.
Outro santo que non queda tan lonxe de casa é San Inocencio Canoura, que naceu en Santa Icía do Valadouro o 10 de marzo de 1887. Este santo é moi parecido a Bakhita, e tamén nos deixa unha mensaxe de perdón, xa que el mesmo perdoou ás persoas que horas despois os ían matar. Esta mensaxe, ao igual que pasaba con Bakhita, é a razón pola que San Inocencio Canoura foi beatificado.
Agora imos imitar a estes Santos e imos pedir perdón e perdoar a aquelas persoas que hoxe nos fixeron algo que nos molestou ou nos mancou.

  • Lectura do evanxeo:

Entón Pedro, achegándose a el, dixo: Señor, ¿cantas veces perdoarei ao meu irmán que peque contra min? ¿Ata sete?
Xesús lle dixo: Non che digo hasta sete, senón ata setenta veces sete. Polo cal, o reino dos ceos é semellante a un rei que quixo facer contas cos seus servos. E cando comezou a facer contas, lle foi presentado un que lle debía dez mil talentos. Mais como este non podía pagar, mandou vendelo a el, y á súa muller e aos seus fillos, con todo o que tiña, para que se lle pagase. Entón aquel servo, prostrado, suplicáballe, dicindo: Señor, ten paciencia comigo, e eu pagareicho todo. O señor, movido a misericordia por aquel servo, soltouno e lle perdoou a débeda. Pero saíndo aquel servo, atopou a un dos seus conservos que lle debía cen denarios; e, tomándoo do pescozo, lle afogaba, dicindo: ¡Págame o que me debes! Entón o seu conservo, prostrándose aos seus pes, rogáballe, dicindo: Ten paciencia comigo, e eu pagareicho todo. Mais el non quixo, senón que foi e votouno no cárcere ata que pagase a débeda. E vindo os seus conservos o que pasaba, se entristeceron moito, e foron e declararon ao seu señor todo o que pasara. Entón chamándolle o seu señor, díxolle: ¡Servo malvado! Toda aquela débeda perdoeiche porque me rogaches. ¿Non debías ti tamén ter misericordia do teu conservo, así como eu tiven misericordia de ti? Entón o seu señor, enfadado, entregouno aos verdugos ata que pagase todo o que lle debía. Así tamén fará con vos o meu Pai Celestial, se non perdoa de corazón cada un ao seu irmán as súas ofensas.
(Mateo 18, 21-35)

  • Reflexionamos durante un anaco de tempo sobre a lectura.


  • Peticións de perdón:

- Perdón Señor porque sempre estamos pedindo cousas e esquecemos agradecer por todo o que temos. Señor, ten piedade de nos.

- Perdón Señor polas veces que somos agresivos, rancorosos, violentos e non sabemos perdoar aos demais. Cristo, ten piedade de nos.

- Perdón Señor por non saberche ver nas persoas do noso redor e buscarche só para atopar consolo na desesperación. Señor, ten piedade de nos.


  • Rematamos a oración no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

69 visualizaciones1 comentario

Entradas recientes

Ver todo

1 Comment


Raul
Jul 26, 2020

Una tarde de juego a la sombra



Like
bottom of page