top of page
Buscar
campadiocesano

Día 7 - A historia de Xesús

Explicación do día



 

Actividades


Anuncios por palabras

No verán de 2017 a Axencia de Noticias Boa Nova abría as súas portas en Mondoñedo, preparados para vivir e contar as mellores noticias.

Dende este campamento virtual queremos poñer en marcha de novo as rotativas do correo de Palestina, algo enferruxadas dende o ano 2017, e convidámosvos a todos a participar nos nosos anuncios por palabras. A idea é moi sinxela. Temos que pensar nalgunha persoa do campamento que sexa ou fose especial para nós e coa que queiramos comunicarnos. Deberemos preparar un pequeno anuncio por palabras: un escrito, un audio, un debuxo... e remitilo a través dalgún dos medios que vos indicamos a continuación. Non esquezades firmar o voso anuncio e explicarnos tamén todos os datos que teñades da persoa a que vai dirixida: o seu nome, o ano de campamento, a súa idade, o seu lugar de orixe... calquera dato será benvido. Toda a xente que queda a traballar na axencia de noticias Boa Nova, fará o posible por facerlle chegar a mensaxe ao seu destinatario.

Envía o teu anuncio por palabras a:

1. Por e-mail a campadiocesano@hotmail.com (indicando no asunto Anuncios por palabras)


2. Por correo a:

Campamento diocesano de Mondoñedo-Ferrol

(Anuncios por palabras)

Apartado de correos 34

27780 Foz Lugo


3. Por teléfono no 644024989


4. A través dunha mensaxe privada nas nosas redes socias:



Trivia sobre a historia de Xesús


Cuestinario de 12 preguntas sobre a historia de Xesús. Cada pregunta terá catro respostas, das que só unha é correcta.


PIN 01151401


 


Oración

A anunciación (©Fano)

  • Comezamos a oración no Nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

  • Para empezar a nosa oración imos ler o relato do anuncio a María do nacemento de Xesús.

Do evanxeo segundo San Mateo (Mateo 1, 18-21)

Os seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María.
Entrando onde estaba ela, díxolle:
‑Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo.
Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significar o saúdo aquel. O anxo continuou:
‑Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.
María respondeulle ó anxo:
‑¿E como pode ser isto, pois eu son virxe?
O anxo replicoulle:
‑O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. Aí tes a túa curmá Isabel, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles.
María contestou:
‑Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches.
E o anxo marchou de onda ela.

Palabra de Deus

  • Podemos anotar nun papel a resposta a algunha destas preguntas:

¿Confiamos nós na Palabra do Señor igual que fixo María? ¿Que nos pide Deus a nós? ¿Que persoas coñecemos que sexan boas e que fagan moitas cousas polos demais? ¿Que dons ou talentos nos deu o Señor? ¿Como podo axudar eu aos demais con eses dons ou talentos?


  • Podemos rematar facendo unha oración onde lle pidamos a María que nos de a súa forza e coraxe para facer cousas polos demais:

María, queremos pedirche que me axudes a escoitar con confianza a palabra de Deus. Que poida contaxiarme da túa fe, do teu amor e da túa esperanza para que eu poida responder si a todo o que Deus me pida. Amén


  • Dicimos todos xuntos o Ave María

Deus te salve, María,

chea es de gracia,

o Señor é contigo.

Bendita ti sexas entre tódalas mulleres,

e bendito é o froito do teu ventre, Xesús.

Santa María, Nai de Deus,

Prega por nós pecadores,

agora e na hora da nosa morte.

Amén


  • Rematamos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

84 visualizaciones3 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

3 Comments


angela.requejo
Jul 24, 2020

Fan da canción de Pili de Lambuxos dende a primeira vez que a escoitei fai anos! Un día por Vilalba tiven a honra de coñecer á prota jaja Gracias, Pili, por inspirar a estes pícaros na túa caverna jajaja

Like

barukdominguez
Jul 24, 2020

Malas decisións da súa compañía discográfica e demasiados egos... Que se lle vai facer... 🤟🏽

Like

alvarodelamasperez
Jul 23, 2020

Eses P.I.L.I.! Oh, yeah! 🤟🏽Unha mágoa o da súa separación, a ver se se volven xuntar. 😜

Like
bottom of page