Explicación do día
Benaventuranza significa felicidade ou alegría dunha persoa. Así, a través das benaventuranzas, Xesús estanos dando o camiño para chegar a esa felicidade. Dinos a forma na que debemos comportarnos para ser ditosos nós mesmos, e para alegrar e facer felices aos demais.
Ditosos os que teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino dos Ceos.
Para Xesús os pobres non son aqueles que non teñen cousas, senón aqueles que non teñen o seu corazón posto nas cousas materiais. Cando non vives preocupado polo que tes, cando non tes envexa nin presumido, cando confías en Deus e non no diñeiro, é cando realmente es libre, es feliz.
Ditosos os que choran, porque eles serán consolados.
Xesús danos unha mensaxe de esperanza. Cando temos dolor, xa sexa por nós ou polos demais, ou cando temos tristeza cando pecamos, Deus sempre nos perdoará e nos dará o consolo para vivir unha vida de felicidade, sen tristura.
Ditosos os mansos, porque eles herdarán a terra.
Na nosa vida podemos ter conflitos cos demais. Para seguir o que di Xesús, debemos actuar como El nos di, debemos actuar con xentileza e dozura ante eses conflitos, pero isto non significa, nin moito menos que por iso sexamos covardes. Si ante unha discusión actuamos con dozura, e non con violencia, somos moito máis valentes.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.
Moitas veces, encontrámonos na nosa vida con situacións de inxustiza, xente que o pasa mal, que perdeu o traballo, xente que non ten casa, que non ten que comer… Pero Deus sempre está connosco, e por iso, se confiamos nel, e sabemos o que é importante e o que non, poderemos sorrir e ser felices ante todas as dificultades.
Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán a misericordia.
Nesta benaventuranza, Xesús dinos que se queremos aos demais, e os perdoamos, aínda cando nos fagan algo moi doloroso, Deus sempre nos perdoará. Nunca debemos cansarnos de perdoar.
Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus.
Para ter o corazón limpo, ou puro, debemos escoitar a Deus, e loitar contra todo o que nos afasta Del. O corazón pode ensuciarse coma un cristal, por iso, cada vez que se ensucia, debemos limpalo. Debemos facer as cousas como Deus querería que as fixéramos para ter un corazón grande, puro e limpo, igual que o cristal.
Ditosos os que traballan pola paz, porque eles serán chamados fillos de Deus.
A paz non significa estar nun lugar sen problemas, sen traballo duro o usen dolor. Significa, que a pesar de todo iso, permanezamos calmados no noso corazón.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino dos Ceos.
Os cristiáns non vivimos apartados do mundo, vivimos con todos os nosos irmáns. Somos comprometidos co que cremos. A nosa capacidade de superarnos, de resistir as tentacións, de loitar contra os desánimos para seguir o camiño, é o que nos fai persoas especiais. O compromiso é o que nos fai loitar por aquelo que é xusto.
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.
No ano 2012 o noso campamento transformouse na aldea de Asterix e Obelix. Aqueles galos que loitaban por ser libres e defenderse dos que querían cambiar o seu xeito de vida. Aprender a ser Cristián implica espallar a Palabra de Deus. Moitas veces a xente fará oídos xordos, ou incluso, nos verán como bichos raros. Por iso, ás veces é difícil ser Cristián, pero aínda así temos o compromiso de ser un exemplo do que Deus quere para o mundo. Debemos dar a cara por El. E cando por isto o pasemos mal, debemos recordar que Xesús estará connosco.
Actividades
Busca a persoas que…
(Invitámoste a atopar entre ós teus familiares e amigos persoas que cumpran o solicitado. Toma un lapis ou bolígrafo e apunta)
Busca alguén que foi ó Colectivo Campamento Diocesán.
Busca alguén que foi a outros campamentos.
Busca alguén cuxa asignatura favorita sexa ou fose as matemáticas.
Busca alguén a quen lle guste máis a praia que a montaña.
Busca alguén que xogase a xogos de mesa durante a corentena.
Busca alguén a quen lle guste o xadrez.
Busca alguén a quen lle guste xogar ao fútbol.
Busca alguén a quen lle gustaría ser monitor no Colectivo Campamento Diocesán.
Busca alguén a quen lle guste máis xogar ao aire libre que dentro da casa.
Busca alguén que cumpra anos en maio.
Busca alguén que estivera fóra de Galicia.
Busca alguén a quen lle guste ler.
Busca alguén que teña irmáns.
Busca alguén que teña máis de 40 anos.
Busca alguén que use o mesmo número de zapatos que ti.
Busca alguén que saiba tocar un instrumento.
Canción: Permaneceremos en ti (Salomé Arricibita) - Tere Nécega
Taller
Las bienaventuranzas están en el centro de la predicación de Jesús. Son promesas de felicidad terrena y eterna para aquellos que adopten el modo de vivir de Jesús. En el Origami, la Grulla es quién simboliza igualmente la promesa de paz, felicidad y protección a la familia.
Oración
Comezamos a oración no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Le de novo as Benaventuranzas (Mateo 5, 1-12)
Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
Ditosos os que teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos os que choran, porque eles serán consolados.
Ditosos os non violentos, porque eles herdarán a terra.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.
Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán a misericordia.
Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus.
Ditosos os que traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.
Pensa nalgunha coa que te sintas identificado/a. Tal vez algunha cousa pola que non te sentes feliz, algo que che custa facer, algo que aínda non perdoaches, algo que che gustaría poder facer ou ao mellor algo que non che gusta que che fagan.
Xesús quere a túa felicidade. Quere que atopes o camiño que che fai máis feliz e que superes os obstáculos que cho impiden.
Colle un papel e apunta nel esa benaventuranza que che poida axudar nesa situación que pensaches. Volve a lela varias veces pensando no que quere dicir.
Tamén podes pensar nalgo que lle afecte á vida doutra persoa e pedirlle a Deus porque lle axude a acadar esa benaventuranza.
Leva o papel durante este tempo de campamento contigo e ao rematar o último domingo volve abrilo para recordalo.
Rematamos a oración no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Unha acampada da miña casa aínda non acabou de comer...xa lle dixen...é que comes cos ollos!! E contestoume que ela o que quere son as patacas de Pepe!
Las grullas de Carmela van bien desinfectadas, como debe ser en estos tiempos.... jajaja
😅😅😅 As nosas grullas